Resolución de problemas |
Valoración das tarefas realizadas |
40 |
|
|
C2 C4
|
|
O alumnado pode optar a dous sistemas
de avaliación. Avaliación Continua. Para
acollerse a este sistema o alumnado deberá asistir ao 90% das clases. Os
alumnos que non poidan asistir presencialmente a clase, poderán conectarse en
remoto, pero mantendo sempre a cámara conectada. A nota da materia será a
media ponderada das 3 actividades expostas. En todo caso, se nalgunha das
partes obtén unha puntuación menor de 4 (sobre 10), a nota final da materia
nunca será superior a 4. O exame escrito será presencial na data oficial
establecida. Avaliación global. Alternativamente
ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar a ser avaliado,
tanto na primeira oportunidade como na segunda, cun exame final, na data oficial,
que suporá o 100% da cualificación. Si o estudante
suspende na primeira oportunidade, na segunda oportunidade poderá optar entre a
avaliación global, ou manter a nota do resto de probas, si en todas ten unha
nota de 4 ou superior. |