O obxectivo deste curso é que o alumnado se familiarice cos diferentes aspectos relevantes da economía da desigualdade. Estes inclúen aproximarse a que entendemos por desigualdade, en que ámbitos se produce, como se mide, que fontes de información podemos utilizar, cal é a evidencia empírica sobre a desigualdade no mundo e na nosa contorna. O curso tamén abordará que sabemos de como se xera a desigualdade, así como cal é o papel das políticas públicas para reducila.