Sistemas Normalizados de Xestión: Calidade, Medioambiente, Seguridade e Saúde no Traballo
Código
V03M134V01207
Titulación
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
5
OB
1
2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Fernández González, Arturo José
Correo-e
ajfdez@uvigo.es
Profesorado
Fernández González, Arturo José
Web
Descrición xeral
Esta materia adícase aos sistemas de xestión empresarial, con especial atención á xestión da calidade, o medio ambiente e a seguridade e saúde no traballo, e os modelos existentes, en xeral internacionais, para os mesmos (normas ISO 9000 e 14000, Regulamento EMAS, ISO 45001, etc.). En primeiro lugar, expóñense os conceptos de normalización, certificación e acreditación. A continuación, estúdanse os fundamentos dos diferentes sistemas de xestión con relación ás súas correspondentes normas internacionais, prestando atención ás súas connotacións coa Responsabilidade Social Empresarial e a mellora da competitividade da empresa. Finalmente, proporciónanse claves para a súa correcta implantación e mantemento no tempo.