Esta guía anticipa os principios e metodoloxías de aprendizaxe para o desenvolvemento da materia e concíbese de forma flexible. Os datos que aparecen nesta guía e nas súas metodoloxías de planificación e educación son orientativos e poderán axustarse en función da heteroxeneidade dos grupos e dos estudantes ou doutras circunstancias que poidan xurdir.
En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso académico promovido pola dinámica da clase e do grupo, ou pola importancia das situacións que puidesen xurdir.
O profesorado ofrecerá aos estudantes a información que sexa necesaria para a realización das actividades propostas a través da plataforma educativa da Universidade de Vigo (MOOVI), así como as pautas concretas en cada momento do proceso formativo.
Esta materia no PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas-Grao en Dereito impártese no 1º cuadrimestre de 4º curso e o docente responsable será Dna. Mª Carmen Otero Neira. |