=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: as incluidas no apartado 5, que se desenvolverán a través dos medios telemáticos postos a disposición pola Uvigo (aulas virtuais do Campus remoto e plataforma Faitic)
* Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): mediante correo electrónico ou no despacho virtual do profesor baixo a modalidade de concertación previa.
* Modificacións (se proceden) dos contidos a impartir: non proceden
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: non procede
* Outras modificacións: incorporación na plataforma Tem@ dos temas explicados nas clases virtuais.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas que se manteñen: as incluidas no apartado 7, que se desenvolverán a través dos medios telemáticos postos a disposición pola Uvigo (aulas virtuais do Campus remoto e plataforma Faitic)
* Probas que se modifican: ningunha
|