A materia encádrase no primeiro cuadrimestre do segundo curso do grao. Trátase dunha materia para alumnos que xa completaron o primeiro curso, e que por tanto posúen formación nas disciplinas de matemáticas e estatística, un coñecemento básico das cales é moi importante para o estudo da econometría.
Deste xeito, o alumno áchase preparado para abordar unha materia de análise como é a econometría, na que empregar os seus coñecementos estatísticos para construír modelos econométricos xenerais, que son aplicables en principio ao estudo e resolución de problemas dunha ampla variedade de materias relacionadas coa titulación.