O obxectivo básico desta materia é formar aos estudantes para coñecer o Dereito na súa globalidade, para manexalo axeitadamente na súa aplicación como sistema de resolución pacífica dos conflictos sociais, e coñecer dende un marco de referencia mais abstacto que os das materias propias da dogmática xurídica. Coñecendo e manexando as diferentes correntes xurídicas e os seus xuristas fundamentais, así como o propio concepto de Dereito e as funcións. Coñecer o Ordenamento xurídico e a teoría da norma xurídica, das principais institucións, dos principios e valores recoñecidos na Constitución e das relacións do Dereito con outros ordenamentos normativos.
|
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
|
|