Os obxectivos desta materia son coñecer os principais problemas económicos asociados aos mercados sanitarios, así como as características dos principais sistemas sanitarios dende a súa vertente económica. Na segunda parte da materia amósanse os principais conceptos da avaliación económica en sanidade, así coma a súa aplicación empírica.