Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Fundamentos económicos da defensa da competencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación O alumnado dividirase en grupos integrados por dous estudantes. Cada grupo terá que realizar un traballo no que revise algún caso de competencia que terá que presentar ao resto do alumnado nunha clase práctica.

Para presentar o traballo é imprescindible asistir polo menos a 2/3 das clases.
20 C8
D2
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial temas 1 a 4. 40 C3
C6
C7
C9
C10
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial temas 5 a 8. 40 C3
C6
C7
C9
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC), ou alternativamente optar por unha
proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir ser evaluado por AG e renunciar á AC se así o comunica por mail antes do 6 de marzo. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades
de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. 

1. Avaliación Continua. En caso de non renunciar a AC, a cualificación obterase do seguinte modo:

  • 20% coa realización e
    presentación dun traballo no que se revisará algún caso de competencia.
    Para un adecuado desenvolvemento do traballo é preciso que se coñezan os
    contidos da materia. Por iso, para presentar o traballo é preciso asistir
    polo menos a 2/3 das clases teóricas e prácticas. Só se se cumpre este requisito,
    poderase presentar o traballo.
  • 40% coa realización dunha
    proba parcial dos
    temas 1 a 4.
  • 40% coa realización dunha
    proba parcial dos
    temas 5 a 8.
Para aprobar a materia a cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible
obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Si non se alcanza esa
puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte correspondente na proba de avaliación global
que se celebrará na data especificada no calendario oficial de probas aprobado pola Xunta de Facultade e publicada na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es), ben na primeira oportunidade (xuño) ou na
correspondente á segunda oportunidade (xullo). Se de novo tampouco se alcanza esa puntuación mínima (ou non se
presenta), a nota final máxima da materia será de 4,5 puntos. 


O alumnado que non se presente a ningún dos parciais, nin á súa recuperación nas probas de avaliación global, será
cualificado como Non Presentado (aínda que presentase o traballo). 


2. Avaliación Global. A proba celebrarase na data oficial recollida na páxina web da facultade e suporá o 100% da nota. A proba incluirá preguntas relativas aos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo do curso.


Exame de fin de carreira: O exame de fin de carreira suporá o 100% da nota.


As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de
exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/ 


As datas e horas das probas de AC estarán dispoñibles na plataforma docente da materia, https://moovi.uvigo.gal


Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "Non presentados". 


Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a
calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2
c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000