Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía avanzada
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudante, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Resolución de problemas Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico tales como exercicios e supostos mediante o uso do apreso nas leccións maxistrais. Os obxectivos desta técnica son: alcanzar unha maior competencia dos contidos apresos na teoría e ilustrar as súas potenciais aplicacións.
Resolución de problemas de forma autónoma As clases prácticas consistirán na resolución de follas de exercicios que se proporcionarán aos alumnos con antelación para que os resolvan antes de clase. Desta forma, poderán identificar aquelas cuestións que lles resulten máis dificultosas e poderán resolver as súas dúbidas en clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000