Seminario |
Estes seminarios de carácter eminentemente práctico son 8, cunha duración por sesión 2 horas e 30 minutos. Duas de estas sesións dedicarnase a titorías en grupo.
Concíbense como parte de un proceso de aprendizaxe continuada.
Permiten poñer en común os coñecementos adquiridos na preparación de cada sesión.
Cada seminario práctica poderá consistir:
a) Formulación do exercicio en cuestión (lecturas, resolución de exercicios, redacción dun breve informe, etc.). Esa formulación está subida a plataforma docente, dacordo co calendario de realización;
b) Un traballo fora da aula (de biblioteca, procuras en catálogos ou bases documentales);
c) Resolución da práctica, por escrito;
d) Subida da mesma a plataforma docente;
e) Exposición en clase, previamente fixada ou sobre a marcha, dacordo coa dinámica da mesma;
f) Debate; discusión de dúbidas;
g) Reformulación da práctica.
h) Elaboración dun traballo final, de construcción dun relato persoal, sobre a totalidade do material empregado en prácticas, por escrito e en formato PDF.
Para as sesións de titoría en grupo:
A docente seleccionará previamente cuestións clave dos contidos da materia, en función da sua importancia ou dificultade;
Para estas sesiones o alumnado deberá elabora un esquema de dubidas e preguntas sobre ditas cuestions;
Tambén servirán estas sesións para resolver dúbidas xeneraís sobre os contidos la materia. |