Seminario |
A través do seis seminarios:
Avaliaranse os traballos prácticos, consistentes na lectura dun tema ou parte dun tema, na redacción dun informe ou síntese, e na a súa exposición e defensa.
Avaliaranse as iniciativas emprendedoras nas propostas de realización de traballos contrastando diferentes perspectivas e enfoques económicos, tanto dende un punto de vista historiográfico como metodolóxico donde pondrán poñerse de manifesto distintos posicionamentos.
Avaliarase a coherencia e calidade do traballo, esquema, síntese ou mapa conceptual, ou a valoración dos exercicios (comentario e análise de gráficos, series estatísticas ou textos, a resolución de cuestións e problemas).
Valorarase a calidade formal dos traballos realizados, a corrección sintática e gramatical e o uso acomodado da metodoloxía propia da investigación (o estudo rigoroso dunha materia ou dun tema).
Valorarase a asistencia, a participación, o cumprimento, a aptitude, os aspectos formais (redacción, sintaxe, ortografía, etc.), e a capacidade de transmitir as aprendizaxes realizadas e a calidade da expresión oral. |
60 |
A3 A4
|
|
C2 C3 C4 C7 C8 C9
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Estas probas realizaranse no exame final:
Avaliaranse os coñecementos sobre os contidos teóricos da materia;
Valorarase que as respostas estean estruturadas, razoadas correctamente;
Valorarase a redacción correcta, clara e comprensible. |
40 |
A3 A4
|
|
C2 C3 C4 C7 C8 C9
|
D5 D7
|
O alumnado poderá optar a dúas modalidades de avaliación. A- AVALIACIÓN CONTINUA: - O alumnado poderá renunciar a Avaliación continua (AC) do 29 de xaneiro a o 2 de marzo de 2025.
- É obrigatorio formalizar por escrito a renuncia e comunicalo ao profesorado que imparte a materia.
- As prácticas teñen carácter obrigatorio, son un total de 8 sesións, tendo unha duración de 2horas e 30 minutos cada unha délas.
- A nota final do curso se compoñe de dúas ponderacións: o 60% correspondente a tódalas probas avaliadas nos seminarios desenvolvidas ao longo do cuatrimestre e a nota obtida na proba final, que coincidirá coa data da Avaliación Global (AG) cun 40% do total.
B -AVALIACIÓN GLOBAL (AG): - A elección explícita da Avaliación Global (AG) conleva a realización dunha proba final escrita que suporá o 100% da calificación numérica , de 0 a 10. É obrigatorio elaborar as prácticas e subilas a plataforma docente, onde aparecerá un epígrafe de "Renuncia a AC", xa que a proba final escrita integra as dúas partes da materia, a teoría e a práctica.
- Para superar a materia é imprescindible alcanzar un 5 en cada unha das partes.
A convocatoria de Fin de Carreira consta dunha proba escrita co 100% da calificación. A materia que integra e a desenvolvida no curso vixente.
O estudantado terá dereito a titorías nos horarios publicados na plataforma docente Moovi.
É necesario facer unha solicitude para asignar unha cita de titoría ao
profesorado que imparte a materia por correo electrónico.
As datas e os horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario da páxina web da facultade: http://fccee.uvigo.es
Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
|