Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Benestar, equidade e xénero
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Primeiro exame parcial 35 C6
C9
Exame de preguntas obxectivas Segundo exame parcial 35 C6
C9
Traballo Elaboración dun informe de prácticas empregando fontes de datos estatísticos dispoñibles, con programas informáticos específicos (Excel, DAD), no que se apliquen os coñecementos adquiridos. Presentación en clase das principais conclusións do informe. 30 C6
C8
C9
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Na primeira
convocatoria
, o estudante poderá elixir entre o sistema de
avaliación continua e o de avaliación global.

- O sistema de avaliación
continua
consistirá na realización de dous exames parciais, así como dun
informe final de prácticas. Entenderase que o estudante opta por este sistema e
renuncia ao global se se presenta a algunha proba parcial. Esta convocatoria non ten exame final.

Para superar a materia, será
preciso acadar polo menos un 4/10 na nota en cada unha das tres probas e un 5/10 no total.

Os que non acadaran o 4/10 no primeiro parcial pasarán automaticamente á avaliación global.

- O sistema de avaliación global
determinarase exclusivamente polo resultado do exame final en data oficial que incluirá tanto teoría como práctica.

2. Nas demais
convocatorias
(segunda e fin de carreira), unicamente será posible
a avaliación global. 

As datas de exames oficiais recóllense na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000