Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realizaránse dous exames parciais sobre os contido da materia. |
80 |
|
|
C2 C5 C6
|
|
SISTEMA DE AVALIACIóN Seguindo a normativa vixente o alumnado podera optar entre dous sistemas de avaliación: avaliación continua ou avaliación global única. O alumnado debe manifestar expresamente a súa renuncia a avaliación continua antes da celebración do primerio parcial. Avaliación continua: Nesta modalidade a nota final da materia será a suma de varias probas de avaliación realizadas o longo do curso: - Probas intermedias. O 20% da nota obterase da entrega de boletíns de exercicios así como pequenas probas que periódicamente se farán nas clases prácticas. A nota correspondente acadada durante o cuatrimestre nestas probas gardaranse para as convocatorias extraordinarias do presente curso académico.
- Exames parciais. Realizaranse ao longo do curso 2 probas parciais, cunha ponderación do 40% cada unha. A última destas probas terá lugar o mesmo día que o exame final, que pode ser consultado na página web de la Facultad http://fccee.uvigo.es.
Avaliación global única: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun único exame final que suporá o 100% da cualificación. Este exame terá contido tanto teórico como práctico, e realizarase nas datas oficiais establecidas no calendario de exames, que pode ser ser consultado na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es. A elección deste método de avaliación debe ser comunicado antes da data na que se fixe o primeiro dos exames parciais. Na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo), tamén se pode optar polos dos sistemas de avaliación. De seguir o método de avaliación continua, manterase a nota das probas intermedias do presente curso. Na convocatoria de fin de carreira o sistema de avaliación será o de exame final único, que suporá o 100% da cualificación |