Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Política económica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a participación nas clases,os exercicios, cuestionarios e calquera outro traballo que se propoña nas clases prácticas. 10 A3
A4
B2
B4
B5
B6
C2
C3
C5
C8
C9
C10
C11
D2
D4
D5
D7
Aprendizaxe colaborativa Valorarase a participación nas clases, os resultados do traballo en grupo e a implicación co grupo. 10 A3
A4
B2
B4
B5
B6
C2
C3
C5
C8
C9
C10
C11
D2
D4
D5
D7
Flipped Learning Valorarase a participación nas clases e os resultados do traballo realizado. 10 A3
A4
B2
B4
B5
B6
C2
C3
C5
C8
C9
C10
C11
D2
D4
D5
D7
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse, ao longo do curso, exames de preguntas obxectivas sobre o temario da materia. Esíxese un nivel mínimo de coñecementos para superar a materia.
Ningunha destas probas ponderará máis do 40% do total da materia.
70 A3
A4
B2
B4
B5
B6
C2
C3
C5
C8
C9
C10
C11
D2
D4
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado pode elixir entre seguir un sistema de avaliación continua ou ben presentarse a unha proba de avaliación global. Neste último caso, terá que demostrar que adquiriu as competencias esixidas na materia, do mesmo xeito que si seguise un proceso de avaliación continua.

Tanto co proceso de avaliación continua como coa proba de avaliación global se podrá obter o 100% da cualificación.

Os/as estudantes que renuncien ao sistema de avaliación continua deberán comunicarllo á persoa coordinadora da materia, como moi tarde, a principios da semana 6.

  • No proceso de avaliación continua terase en conta o resultado das actividades realizadas nas clases prácticas e o resultado das probas parciais desenvolvidas durante o curso. As actividades das clases prácticas ponderan un 30% do total da materia. As probas parciais ponderan, entre todas, un 70% do total da materia. En calquera caso, ningunha destas probas ponderará máis do 40% do total da materia. Por necesidades de organización docente, a última destas probas parciais poderá realizarse na mesma data que a proba de avaliación global oficial da materia.
  • Para superar a materia polo sistema de avaliación continua esíxese unha cualificación superior a 4 puntos sobre 10, tanto nas probas correspondentes á docencia práctica como en cada unha das probas parciais. En calquera caso, para superar a materia, a nota media ponderada das probas realizadas ao longo do curso ha de ser igual ou superior a 5 puntos sobre un total de 10. Calquera dúbida razoable sobre a existencia de fraude nas probas avaliables escritas, suporá a súa anulación e a súa substitución por uhna proba oral que será a definitiva.
  • A cualificación obtida nas prácticas, para aquel alumnado que o solicite, se manterá até a segunda convocatoria.
  • Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cunha única proba de avaliación global que suporá o 100% da cualificación. A proba se dividirá en dous  partes: unha de contidos teóricos e outra de contidos prácticos. A parte teórica ponderará o 70% do total; a práctica ponderará o 30% do total. Isto tamén será de aplicación na segunda convocatoria. Para superar o exame esíxese unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en cada unha das partes. En calquera caso, para poder superar a materia, a nota media ponderada das distintas partes do exame ha de ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Coma no sistema de avaliación continua, calquera dúbida razoable sobre a existencia de fraude nas probas avaliables escritas, suporá a súa anulación e a súa substitución por uhna proba oral que será a definitiva.
  • Na convocatoria de Fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

O horario de titorías poderá ser consultado na páxina web da materia, en Moovi, así como na secretaría virtual.

As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade:http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000