O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. Modalidade de Avaliación Continua A modalidade de avaliación continua da materia constará das seguintes probas. Dous exames parciais que pesarán cada un 30% e un 40%, respectivamente, da nota; dous controis que pesarán en total un 20% da nota, e a entrega de traballos relativos as prácticas de laboratorio que pesarán un 10% da nota. 1.- Parcial 1º (30%): Temas 1-4. Este exame realizarase a metade do cuadrimestre nunha data que estará fixada a principio do curso. 2.- Parcial 2º (40%): Temas 5-9. Este exame realizarase ao final do cuadrimestre nunha data que estará fixada a principio de curso. 3.- Controis (20%). Poderase realizar un ou dous controis que consistirán na resolución de exercicios. A data destes controis será anunciada con suficiente antelación. 4.- Traballos (10%). Se realizarán traballos relativos as prácticas de laboratorio nas aulas informáticas. Para a obtención desta cualificación é obligatorio a asistencia a clase práctica de laboratorio.
Para aprobar a materia, a cualificación obtida debe ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Se non se alcanza esa puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar na data oficial recollida na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Se nese exame tampouco se alcanza a puntuación mínima (ou non se presenta ao exame), a nota final máxima da materia será de 4 puntos. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade. PROBA AVALIACIÓN GLOBAL (AG) O estudantado que se acolla a esta modalidade realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota na data oficial establecida no calendario de exames. Convocatoria Xullo: Na convocatoria extraordinaria, o estudantado realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota.
Convocatoria Fin de Carreira: O estudantado matriculado na convocatoria fin de carreira realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como non presentados.
Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde 2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ). As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. |