O alumnado terá dúas opcións para superar a materia: 1. Renunciar á avaliación continua e solicitar a avaliación global (AG) mediante un exame, que suporá o 100% da nota, e que se celebrará na data oficial segundo se recolle na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es), tanto na primeira oportunidade como na segunda. Para renunciar á avaliación continua é necesario enviar un correo electrónico ás docentes da materia antes do 15 de outubro de 2024. Por suposto, a asistencia a clase segue a ser altamente recomendable aínda que non se escolla a avaliación continua. 2. Acollerse á avaliación continua (AC), que consta de tres probas: a. A primeira proba, que terá lugar a mediados do cuadrimestre, avaliará todos os contidos, teóricos e prácticos, vistos ata a data de celebración da mesma. Esta proba representa o 20% da nota. Para seguir na AC, a nota mínima deste proba é de 4 puntos sobre 10. b. A segunda proba terá lugar ao remate do primeiro
cuadrimestre e avaliará todos os contidos teóricos da materia. Esta proba representa o 40% da nota. Para seguir na AC, a nota mínima desta proba é de 4 puntos sobre 10. c. A última proba
terá lugar o mesmo día que a data oficial de AG de primeira
oportunidade e avaliará os contidos relacionados con:
exercicios, lecturas das prácticas e análise de datos (gráficos e táboas). Esta proba representa o 40% da nota. O alumnado que vaia por AC e non acade a nota mínima na primeira ou na segunda proba poderá presentarse por AG na primeira oportunidade có 100% da nota. Na segunda oportunidade, o exame suporá o 100% da nota. De forma extraordinaria, aqueles/as estudantes que, habendo obtido máis de 4 puntos en cada unha das dúas primeiras probas, queiran renunciar á AC, poderán solicitalo enviando un correo electrónico ás docentes antes do 31 de decembro de 2024. Na segunda oportunidade e na convocatoria Fin de Carreira, a avaliación realizarase, exclusivamente, por AG (que constituirá o 100% da nota). |