O obxectivo desta materia é describir o proceso de xestión empresarial desde a perspectiva estratéxica. Concretamente capacitará ao alumnado para identificar e analizar os factores relevantes á hora de fixar estratexias tanto en empresas como noutro tipo de institucións, co fin de que estas alcancen a competitividade necesaria para traballar nun mundo globalizado e ante continuos cambios económicos. para conseguir o devandito obxectivo partirase dos coñecementos estudados no curso anterior.