O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou
alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC.
O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección
de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten
e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. • AC. En caso de non renunciar á avaliación continua: a. Realizaranse probas de avaliación continua durante todas as semanas do curso. As probas PRACTICAS CON APOIO DAS TIC(25%), TRABALLO TUTELADO(25%), LECCION MAXISTRAL(40%) e RESOLUCION DE PROBLEMAS DE FORMA AUTONOMA(10%). b. Na proba de lección maxistral é necesario obter como mínimo 60 puntos sobre 100 e en cada unha das restantes probas é necesario un mímo de 33 puntos sobre 100 para superar a materia por AC. c. A nota minima para aprobado son 50 puntos sobre 100. e. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña
presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade. • AG en primeira oportunidade (convocatoria de febreiro I cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante proba do contido de lección maxistral que representa un 40% do total da puntuación de AG . Nesta proba será necesario obter un minimo de 60 puntos sobre 100. O 60% serán probas consistente en elaboración de informes en base a fontes estatísticas, farramentas de cálculo ou tratamento de información para a elaboración a análise económica, uso de TICs e/ou preguntas de desenvovemento relativas aos contidos do programa . • AG na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin
de Carreira, o alumnado será avaliado mediante proba do contido de lección maxistral que representa un 40% do total da puntuación de AG . Nesta proba será necesario obter un minimo de 60 puntos sobre 100. O 60% serán probas consistente en elaboración de informes en base a fontes estatísticas, farramentas de cálculo ou tratamento de información para a elaboración a análise económica, uso de TICs e/ou preguntas de desenvovemento relativas aos contidos do programa . Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.
Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d2
4eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de
conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade,
http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. Tanto o horario de titorías como o correo electrónico para concertar unha titorías presenciais ou non presenciais estará dispoñible no MooVI da materia.
|