Benvido a Economía mundial.
Imos traballar duro para mellorar o nivel de comprensión da estrutura e funcionamento da economía mundial. Tentaremos combinar diferentes ferramentas pedagóxicas para que o cuadrimestre sexa interesante e proveitoso para todos. A participación activa dos alumnos e alumnas vai ser a peza central deste percorrido que iniciamos. Oxalá Economía Mundial responda ás vosas expectativas e oxalá cheguemos a xuño cos deberes feitos e satisfeitos do traballo realizado.
O profesor vaivos acompañar neste interesante percorrido e vaivos facilitar as ferramentas necesarias para a comprensión das forzas actuantes na Economía Mundial.
Vos teredes que pór traballo e entusiasmo por aprender.