O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten por facer e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. Para AC, a nota final será a suma da nota obtida nas probas realizadas durante o cuadrimestre. As probas realizaranse preferentemente nas clases prácticas o finalizar cada un dos temas relacionados nos contidos, con unha ponderación total do 75% excepto a última que se fara coincidir coa data da AG en primeira oportunidade e terá unha ponderación do 25%. Para aprobar a materia é necesario acadar una puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na nota final, non é necesario mínimo nas probas realizadas durante o cuadrimestre. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas de avaliación desta modalidade. Os estudantes que seguiron a AC e non superaron a materia na primeira oportunidade poden optar na segunda oportunidade a repetir a última proba ou a renunciar á AC. Para AG tanto en en primeira como segunda oportunidade (convocatorias de febreiro e xullo), o alumnado será avaliado mediante unha única proba. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "no presentado". Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde 2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985cca) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.
|