Os sistemas de
avaliación nesta materia son de dous tipos ou modalidades: avaliación continua
(AC) e avaliación global (AG). O estudantado ten
dereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado, avaliación continua
(AC) ou avaliación global (AG). A avaliación continua (AC) é o sistema de avaliación por defecto. A nota final obtida co sistema de avaliación continua
procede das probas de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha
ponderación do 60% sobre o total) e da nota obtida nunha última proba (cunha
ponderación do 40% do total). O alumnado que opte
pola modalidade de avaliación global ten que elixila explicitamente. A elección
desta modalidade de avaliación global correspóndelle a cada estudante, que deberá
realizala segundo o procedemento e o prazo establecido por este centro. Os e as alumnas
que opten por solicitar o sistema de avaliación global teñen o dereito para ser
avaliados das clases prácticas, aínda que non asistan ás mesmas. Teñen que presentar
ao finalizar o curso o Libro de Prácticas, do mesmo xeito que os alumnos e
alumnas de avaliación continua, e realizar a proba de avaliación global. Esta
proba incluirá cuestións da parte práctica desta materia e preguntas sobre os
contidos teóricos. A avaliación global da parte práctica e teórica da materia
significa o 100% da nota (30% Libro de prácticas; 30% da parte de prácticas da proba de avaliación global; 40% da parte de teoría da proba de avaliación global). No caso do
estudantado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, ten dereito a
unha avaliación extraordinaria (convocatoria extraordinaria de xullo). Os criterios nesta avaliación extraordinaria serán
similares aos da convocatoria ordinaria. Na convocatoria
de Fin de Carreira, o exame suporá o 100% da cualificación. Datas e horarios
das probas de avaliación global final, atópanse na páxina web da Facultade
(docencia), así como na plataforma en MOOVI correspondente a esta materia. |