O método de avaliación inicial será a avaliación continua. Na parte de creación de empresas, consistirá en avaliar os resultados do alumnado obtidos en probas de control de asimilación. Na parte de simulación de xestión de empresas, valorarase a asistencia ás prácticas, a participación nas mesmas, e a elaboración de documentos que os docentes solicitarán como resultado delas. Nesta parte tamén se avaliarán os resultados do equipo do que se forme parte no xogo de empresa, a calidade das decisións tomadas e a información aportada sobre elas. Os detalles das puntuacións obtidas nas diferentes actividades a realizar na materia se explicitarán nas sesións correspondentes. Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudiantado poderá ser avaliado cun exame de Avaliación Global que suporá o 100% da calificación, tanto na primeira como na segunda oportunidade. Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación. Os estudantes que non participen na Avaliación Continua nin na Avaliación Global, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) As datas e horas das probas de Avaliación Global (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. O horario de titorías dos docentes da materia poderán consultarse na secretaría virtual do alumnado. |