Prácticas con apoio das TIC |
O alumnado deberá elaborar os exercicios, casos, modelos de simulación propostos ou decisións do xogo de empresa, dependendo da parte da materia a desenvolver.
Os modelos de simulación de empresas elaboraranse nunha aplicación de folla de cálculo, a partir das explicacións teóricas sobre modelos e indicadores relevantes e as orientacións prácticas do profesorado.
No Xogo de empresa os membros do alumnado deberán formar equipos de traballo e tomar decisións sobre a xestión de empresa nos sucesivos periodos do mesmo. Deberán emitir informes sobre as decisións tomadas e sobre a información e os razoamentos utilizados para as mesmas. |