Esta materia relaciónase especialmente cos contidos incluídos nas materias de Contabilidade financeira. A auditoría financeira é unha das especializacións do profesional contable e os créditos da materia deben proporcionar ao alumno os coñecementos e habilidades básicas para un futuro desenvolvemento profesional neste ámbito concreto da auditoria ou, máis xenérico, da contabilidade. A materia se adecua ao perfil profesional e académico da titulación, xa que a auditoria é unha especialización profesional que capacita para o desempeño de funcións propias da xerencia e o asesoramento empresarial.
Os campos profesionais nos que se proxecta son, ademais da auditoría de contas, o deseño e planificación dunha contabilidade, a xestión contable, o asesoramento contable, entre outros.