Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Teoría da organización
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Primeiro Parcial 33
Exame de preguntas obxectivas Segundo Parcial 34
Exame de preguntas obxectivas Terceiro Parcial 33
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación da materia por defecto será a Avaliación Continua (AC). Realizaranse tres probas parciais con un peso de 1/3 da cualificación global.

A renuncia á avaliación continua daráse por presentada para todos aqueles membros do alumnado que non acudisen á segunda proba da avaliación continua.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá ser avaliado en Avaliación Global (AG) cun exame final que suporá o 100% da cualificación, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

Os estudantes que non participen na Avaliación Continua nin na Avaliación Global, figurarán nas actas como “non presentados”. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:

(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) 

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o vixente curso. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Os horarios de titorías dos docentes da materia estarán dispoñibles na secretaría virtual.

Esta materia no PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas - Grao en Dereito, impártese no 2º cuadrimestre do terceiro curso e o profesorado responsable está integrado por Fernando Comesaña Benavides e José Santiago Gómez Fraiz.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000