Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Prácticas: A entrega das propostas de solución das 9 sesións prácticas feitas en grupo avaliarase conxuntamente coas probas tipo tests: será necesario ter entregado alomenos 6 casos para ter puntuación nas probas test.

Probas avaliación: En AC ó remate das partes II e III do programa da materia, realizaránse dúas probas presenciais nas que proporáse un caso que o alumnado deberá resolver de xeito individual que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos e capacidade de argumentación e xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos (40%) e a relativa ó IS cun máximo de 3 puntos (30%).
70 A2
B1
B3
B9
C8
C16
D1
Resolución de problemas de forma autónoma En AC avaliarase e puntuarase a resolución dos test propostos despois de cada tema.
En AC este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos (30%).
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo ao que pertence cada estudante teña entregado alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso.
30 A2
B10
B13
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta asignatura realizarase unha Avaliación Contínua (AC) do traballo realizado polo estudante, que será o sistema de avaliación preferente.
Para superala asignatura por AC deben cumplirse dúas condicións:

1. Acadar alomenos un 25% da nota en cada un dos tres apartados puntuables (proba IRPF, proba IS, tests).

2. Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuables (probas IRPF e IS, tests).

A nota final por AC será a suma das notas parciais obtidas no proceso.

O estudante non poderá continuar coas probas de AC  se non acada alomenos un 25% na proba individual de IRPF.

Aqueles estudantes que non superen a materia por AC terán a opción de
presentarse á proba de Avaliacion Global (AG) na convocatoria ordinaria oficial. Esta proba de AG consistirá na realización de dous estudos de caso completos, un de IRPF e outro de IS. A proba de AG suporá o 100% da cualificación e non terá en conta os puntos obtidos en Avaliación Continua.

En caso de non presentarse á convocatoria ordinaria pero ter feito alomenos 3 prácticas e 3 tests en AC, se considerará "presentado" e a nota final será a obtida en AC.

O alumnado que se presente a convocatoria extraordinaria ou a convocatoria de fin de carreira realizará una proba de Avaliación Global con dous estudos de caso (IRPF e IS). Esta proba valerá o 100% da cualificación.

As datas dos exames finais poderán ser consultadas en www.fccee.uvigo.es














Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000