Para superar a materia requírese satisfacer
dúas condicións: (1) obter unha puntuación mínima de 5 puntos no conxunto das
probas a avaliar e (2) obter como mínimo 5 puntos no exame final (puntuado
sobre 10), para sumar o resto das probas avaliables. A puntuación obtida pola
participación así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas
polo profesor (casos, exercicios, supostos, exposicións, memorias u otros),
mantense para
primeira e a segunda oportunidade do curso
académico en vigor pero NON se gardará para cursos sucesivos. Na convocatoria
fin de carreira o exame suporá o 100% da nota. O alumnado
poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou
alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación
por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o
prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de
seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación
obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. En
caso de non renunciar á avaliación continua, considerarase que o alumnado se
ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das
probas/actividades de avaliación desta modalidade. O estudante que non siga a avaliación
continua deberá indicalo ANTES dun mes do inicio do cuadrimestre e serán
examinados mediante unha proba escrita (ou alternativamente, oral se fose
preciso) valorada sobre 10 puntos, que non ten porque coincidir coa proba
daqueles alumnos que sigan a avaliación continua. En devandita proba avalíase
tanto os contidos teóricos como prácticos da materia así comoa súa capacidade
crítica. Os estudantes que non participen na AC nin na AG,
figurarán nas actas como “non presentados”. As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda
oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou
disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da
facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. Recoméndase
ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do
Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
) |