A materia pretende proporcionar ao estudante os coñecementos necesarios para deseñar e desenvolver un programa de mercadotecnia e capacitarlle para a toma de decisións comerciais. En concreto, a materia de dirección comercial II pretende profundar no coñecemento e posta en práctica das estratexias operativas de mercadotecnia: produto, prezo, comunicación e distribución.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés,b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.