Aínda que non hai ningún requisito formal para o seguimento da materia, sería conveniente que o alumnado tivera:
1. Coñecementos básicos de xeografía e historia contemporánea de Occidente (grandes procesos e feitos máis relevantes).
2. Certos coñecementos e experiencia na realización de esquemas, mapas conceptuais, resumo e síntese.
3. Manexo básico de follas de cálculo (ex.: Excel), procesadores de texto (ex.: Word), TIC.
4. Certa experiencia na procura de información e bases de datos en Internet.
Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que levan a cabo co alumnado na materia, e concíbese de forma flexible.
Así mesmo, achegaráselle ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. Utilizarase a plataforma Moovi.uvigo.es |