Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas
Coordinador/a
Marra Dominguez, Ángeles
Correo-e
amarra@uvigo.es
Profesorado
Díaz Vázquez, Raquel
Ferrero Martínez, María Dolores
Lorenzo Alonso, Pedro
Loveira Pazo, Rosa María
Marra Dominguez, Ángeles
Web
Descrición xeral
O obxectivo xeral da materia é o de obter unha visión global da economía en xeral e da microeconomía en particular. Para iso, analizarase o funcionamento dos mercados e o comportamento dos axentes económicos que nel interveñen.
En concreto, ofreceráselle ao alumnado unha perspectiva dos mercados e dos axentes desde o punto de vista do equilibrio parcial, tanto nun contexto de competencia perfecta como nun contexto de competencia imperfecta. Analizarase, tamén, o papel do Estado na formulación da política económica.