Lección maxistral |
Os profesores atenderán as preguntas que poidan xurdir durante as clases presenciais, fomentando en todo momento a participación activa do alumnado, e a través das correspondentes titorías, que o alumnado poderá realizar de forma presencial, ou cando non sexa posible, mediante correo electrónico ou videoconferencia.
|
|
Estudo de casos |
Durante esta actividade o alumnado contará en todo momento coa orientación do profesorado implicado, que poderá reconducir o traballo dos estudantes se os avances na resolución dos casos non progresan na dirección adecuada. |
|