Calificacións, notas mínimas e segunda oportunidade O alumnado deberá realizar todas as actividades propostas. En caso de non
realizar algunha, a calificacion da mesma será de cero, e como tal
considerarase na nota final da materia. CALCULO DA NOTA FINAL: terase en conta a cualificación que o/a alumno/a obteña
en cada módulo, aplicándose a seguinte ponderación en función do peso do
módulo: Nota global final = 0.66 x (nota de módulo Fisioloxía animal) + 0.33 x
(nota módulo Fisioloxía vexetal). En calquera caso, para aprobar a materia será imprescindible obter unha
calificacion mínima de 4 (sobre 10) en cada un dos módulos por separado.
Ademais, no módulo de FA é imprescindible obter un mínimo de 3.5 puntos sobre
10 no examen final. En caso de non acadar esta puntuacion, será esa nota a que
figura na calificación global da materia. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Os compoñentes da nota final na primeira opurtunidade
manteranse para a segunda oportunidade. Non obstante, nin as prácticas nin os
seminarios serán recuperables na segunda oportunidade. A asistencia a ditas actividades é
obligatoria nos plazos establecidos no calendairo, e a nota obtida na primeira
oportunidade manterase para a segunda. Avaliación global Os estudiantes poderán solicitar unha avaliación
global, o que conlevará a renuncia á avaliación continua. A avaliación global
permitirá obter o 100% da puntuación da materia mediante unha proba na
data oficial fixada para o examen final da materia, tanto na primeira
oportunidade coma na segunda. A proba poderá incluir: - Preguntas de resposta
obxectiva, ii) Preguntas de desenvolvemento, iii) Casos prácticos, iv) Estudo
de casos A avaliación global non exime da realización das
prácticas e seminarios da materia. A nota que se obteña nas mesmas será parte
da nota da avaliacion global, coa porcentaxe indicada previamente. No caso de
non realización de ditas actividades, a nota final na materia será de 0 puntos. |