Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Fisioloxía de Organismos Mariños
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Sesión en aula na que se exporán por parte do profesor os contidos básicos do temario da materia. O alumno debe seguir a exposición e poderá intervir cando requira información adicional e/ou cando se produza debate, tanto se este é xerado polo profesor coma se prodúcese a iniciativa dos propios alumnos.
Prácticas de laboratorio Sesións que se desenvolven no laboratorio e con contido eminentemente práctico. Ensaiaranse diferentes protocolos experimentais e analíticas, para posteriormente debater razonadamente os mesmos desde o punto de vista da súa significación fisiológica.
Seminario Sesións de aula nas que se desenvolverán temáticas específicas da materia en relación co temario proposto. Os alumnos deberán realizar traballos bibliográficos sobre temas propostos polo profesor e/ou polos propios alumnos e que serán obxecto de exposición e debate posterior en clase.
Traballo tutelado Seguimento polo profesorado do traballo do alumnoado correspondente aos seminarios e ao informe de prácticas
Estudo de casos Traballo de aula con preguntas que o alumnado debe responder
Metodoloxías baseadas en investigación A partir de situacións reais o alumnado debe buscar bibliografía para atopar solucións adaptativas dos organismos vexetais ao seu medio
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000