Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Sector Primario e Secundario
Explicación por parte dos profesores da materia utilizando as presentacións que o alumnado terá á súa disposición na plataforma de e-learning moovi. A materia conta con dous profesores que atenderán as dúbidas e consultas, dinamizando as clases presenciais e atendendo ao traballo autónomo do alumnado.
Traballo tutelado
Proporanse actividades para que o alumnado teña que intervir de forma oral na clase e deseñaremos actividades para fomentar o traballo en equipo.