Tribunal
da avaliación do Traballo Fin de Grao Estará constituído por tres profesores da
titulación e será nomeado a proposta da Comisión de Traballo Fin de Grao.
Constituiranse tantos tribunais como fose necesario, cos correspondentes
membros suplentes, para garantir o bo discorrer do proceso avaliador. Memoria de Traballo Fin de Grao Coa antelación suficiente, a Comisión de
TFG establecerá os prazos de entrega da solicitude de defensa e da memoria. A non
entrega da mesma nos prazos establecidos levará a non presentación a avaliación
da materia. Seguiranse as directrices establecidas na normativa para a elaboración da memoria de TFG, que estará pública na páxina web da facultade e na plataforma docente. Presentación
e defensa do Traballo Fin de Grao O tribunal avaliador da proba publicará coa
suficiente antelación a orden de exposición, lugar e
hora de celebración das probas, quedando a disposición de todos os interesados. Os criterios de avaliación recolleranse nunha rúbrica que será aprobada por la Comisión de TFG e posta a disposición de todo o estudantado do curso. Cualificacións En cada oportunidade, ao finalizar o proceso avaliador, o tribunal
publicará de forma conxunta as cualificacións que recibiron os alumnos
matriculados na materia. Si un alumno/a superase a avaliación do titor, pero obtuvese unha calificación de suspenso nalgunha das outras partes do TFG, o tribunal entregaralle a él e ao seu titor un informe recollendo as recomendacións para mellorar o traballo na seguinte oportunidade. Asimismo, indicarase si as partes non superadas poden ser recuperadas nunha segunda oportunidade do mesmo curso o si, polo contrario, o alumno/a debe realizar a totalidade do traballo noutro curso académico. Segunda oportunidade do curso
O/a alumno/a poderá recuperar nunha segunda
oportunidade no mesmo curso aquelas partes que non superou na primeira,
sempre e cando así o recolla o informe que obtivo do tribunal avaliador. A Comisión de Traballo Fin de Grado
establecerá e fará públicos coa antelación suficiente os prazos que rexerán o
proceso de avaliación na segunda oportunidade do curso, incluindo os prazos de
entrega da solicitude de defensa, memoria e informe do titor, así coma a
data, lugar e hora de celebración do acto de presentación e defensa do traballo
diante do tribunal. Horario da materia Debido as súas características, o traballo
fin de grao non ten un horario establecido; cada alumno establecerá o seu
horario de acordo co titor, normalmente ao longo do segundo cuadrimestre. Datas previstas para as probas de avaliación
dos TFGs para o curso 2024-25: As datas foron aprobadas en Xunta de
Facultade. Ver ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes Normativas aplicables: O Regulamento do Traballo Fin de Grao da Universidade
de Vigo, aprobado no Consello de Goberno está dispoñible en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/550 A Normativa da Facultade de Bioloxía para
a realización do Traballo Fin de Grao, aprobada en Xunta de Facultade está dispoñible
en: http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/normativa_TFG_facultad_biologia.pdf Aspectos éticos O plaxio está especialmente perseguido nos traballos de fin de grao, en particular na elaboración da memoria, sendo motivo de suspenso na materia. Tampouco está permitido a utilización non xustificada de programas de intelixencia artificial. |