Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Desenvolver a aprendizaxe autónoma, identificando as súas propias necesidades formativas e organizando e planificando as tarefas e o tempo. |
B3 |
Aplicar o coñecemento adquirido na titulación e empregar a instrumentación científico-técnica e as TIC en contextos propios da Bioloxía e/ou no exercicio da profesión. |
B6 |
Desenvolver as capacidades de análises e sínteses, de razoamento crítico e argumentación, aplicándoas en contextos propios da Bioloxía e outras disciplinas científico-técnicas. |
C7 |
Muestrear, caracterizar, catalogar e xestionar recursos naturais e biolóxicos (poboacións, comunidades e ecosistemas). |
C13 |
Impartir formación, participar en proxectos de I+D+i, comunicar resultados e divulgar coñecementos. Contribuír á proxección social da Bioloxía e á sensibilización polo medio ambiente |
C22 |
Organizar e xestionar espazos naturais e realizar estudos de biodiversidade. Establecer criterios para a conservación e restauración de ecosistemas e planificar o uso sostible dos seus recursos |
C23 |
Comprender a proxección social da problemática ambiental nos seus diferentes niveis de aplicación (analítico, avaliación, xestión) e a súa repercusión no exercicio profesional |
D2 |
Comunicarse por oral e por escrito en lingua galega. |
D3 |
Comprometerse coa sustentabilidade e medio ambiente. Uso de forma equitativa, responsable e eficiente dos recursos. |
D4 |
Colaborar e traballar en equipo ou en grupos multidisciplinares, fomentar a capacidade de negociación e de alcanzar acordos. |
D5 |
Comunicar de maneira eficaz e adecuada, incluíndo o uso de ferramentas dixitais e o inglés. |