Educational guide 2024_25
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Biotecnoloxía aplicada á produción microbiana
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario DOCUMENTACIÓN BIBLIOGRÁFICA (5%):
Informe considerando a capacidade para buscar valorar, clasificar e seleccionar información.

FICHA RESUMO E PRESENTACIÓN (10%):
-Ficha resumo co desenvolvemento dos puntos plantexados (5%)
-Exposición do tema (capacidade para sintetizar, explicar e transmitir a información) e a presentación (deseño e selección do material de apoio) que utilicen na devandita exposición. Igualmente, terase en conta a capacidade para resolver preguntas e cuestións que xurdan relacionadas co tema (5%).
Os estudantes contarán cunha rúbrica que detallará os aspectos que serán avaliados.

PROBA OBXECTIVA sobre os contidos dos seminarios (10%)

25 A5
B1
B2
B4
C20
D4
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario de preguntas obxectivas sobre as PRÁCTICAS 15 A5
B1
B2
C4
C20
D4
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario de preguntas obxectivas sobre os conceptos teóricos da PARTE INTRODUCTORIA E ASPECTOS XERAIS DA MATERIA 10 A5
B2
C4
C5
C9
C10
C19
C20
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario de preguntas obxectivas sobre a parte teórica daTECNOLOXÍA DE PRODUCCIÓN 20 A5
B2
C4
C5
C9
C10
C19
C20
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario de preguntas obxectivas sobre a parte teórica da PRODUCCIÓN MICROBIANA (I) 15 A5
B2
C4
C5
C9
C10
C19
C20
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario de preguntas obxectivas sobre a parte teórica da PRODUCCIÓN MICROBIANA (II) 15 A5
B2
C4
C5
C9
C10
C19
C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.- A avaliación será preferentemente continua de acordo á cualificación das distintas actividades/probas arriba expostas. É imprescindible acadar unha cualificación de 5/10 para superar a materia. Será necesario acadar unha nota mínima de 4/10 en cada unha das actividades/probas para aprobar a materia. En caso de non conseguir a nota mínima esixida nalgunha das actividades/probas, a cualificación que figurará na acta será a cualificación suspensa máis alta obtida polo estudante.

O
profesorado poderá propoñer durante as clases actividades adicionais
voluntarias, sen que sexa necesario comunicalo con antelación, que permitirán
ao alumnado subir a súa nota final (ata 0,5 puntos/actividade).

A asistencia ás prácticas e aos seminarios é obrigatoria para todos os estudantes, permitíndose faltar a unha única sesión, por causa de forza maior, se a falta está debidamente xustificada. A non asistencia ás prácticas e/ou seminarios, así como a non presentación dos traballos en grupo, non é recuperable na segunda nin sucesivas convocatorias, impedindo tamén superar a avaliación global (no caso do alumnado que houbese optado por este modo de avaliación).

A nota obtida nas distintas probas de avaliación continua (prácticas, seminarios, leccións maxistrais), sempre que alcance o mínimo de 4/10, manterase para a convocatoria de xullo, polo que nesta convocatoria o estudante presentarase só ás probas que non superase na primeira convocatoria. No caso da avaliación contínua, as probas nos superadas durante o curso non son recuperables no examen final.

2.- Alternativamente, o estudante poderá optar por unha única proba de avaliación global. Á cualificación definitiva desta proba trasladaranse as notas obtidas nas probas das prácticas e os seminarios. O estudante deberá manifestar na data establecida polo Centro a súa intención de optar pola avaliación global, o que lle impedirá acollerse á avaliación continua.

Aos estudantes que non aproben a materia manteráselle
durante dous cursos, se así o desexan e optan pola avaliación continua, a nota
das probas nas que alcanzasen unha cualificación mínima de 4/10, polo que só
terán que examinarse das probas non superadas.







DATAS DE EXAMES

Poderán ser consultadas no seguinte enlace: 

http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes



 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000