Estudo de casos |
Avaliaranse os avances alcanzados ata a sesión de control intermedia no que se refire á resolución dos casos prácticos expostos, e a redacción, presentación e defensa final dos casos resoltos. |
20 |
A2
|
B1 B2 B6
|
C9 C10 C20
|
D4 D5
|
Exame de preguntas obxectivas |
Este exame, que incluirá preguntas obxectivas (preguntas tipo test e preguntas de resposta curta), será parte dunha Proba final integradora, que supoñerá un 40% da nota final da materia. Na devandita proba avaliaranse os coñecementos adquiridos polos alumnos ao longo das sesións teóricas e prácticas da materia, e a capacidade para interpretar e argumentar correctamente unha análise de alimentos. |
26.8 |
A2
|
B2 B6
|
C9 C10 C11 C18
|
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Este exame, que tamén formará parte da Proba final integradora que supoñerá o 40% da nota final da materia, avaliará a capacidade do alumnado para resolver diversos casos ou situacións prácticas relacionadas coa análise agroalimentaria de forma argumentada. |
13.2 |
A2
|
B2 B6
|
C9 C10 C11 C18
|
D5
|
1. Dado que as actividades de formación e avaliación continua programadas dentro das Prácticas de Laboratorio e do Estudo de casos
(incluída a sesión de control intermedio) están deseñadas para formar
ao alumnado en habilidades e competencias directamente relacionadas co
exercicio da profesión no campo da análise e diagnóstico
agroalimentario, a asistencia e participación do alumnado en ambas as
actividades avaliables é obrigatoria, de tal maneira que a ausencia ou
non realización inxustificada destas actividades impedirá superar a
materia. Por tanto, considerando a natureza práctica e os resultados
de formación e aprendizaxe que se perseguen alcanzar con ambas as
metodoloxías, o alumnado que opte pola modalidade de avaliación global
tamén deberá realizar obrigatoriamente estas actividades.
2. Para aprobar a materia será necesario alcanzar unha cualificación global final de 5,0 (sobre 10),
unha vez sumadas as cualificacións ponderadas obtidas nas de Prácticas
(40%), Estudo de casos (20%) e Proba final integradora (40%). Con todo, para
poder superar a materia, e poder sumar as cualificacións obtidas nas
actividades de Prácticas e Estudo de casos, deberá alcanzarse unha nota
mínima de 4,0 (sobre 10) en cada unha das partes (Química Analítica,
Microbiología e Parasitología) que integrarán a Proba final. Os
alumnos que non cumpran este requisito na primeira oportunidade serán
cualificados na acta coa nota máis alta alcanzada nas partes suspensas, e deberán repetir na segunda
oportunidade (xullo) a proba relativa á parte ou partes nas que non
alcanzasen o 4,0. Loxicamente, os alumnos que se atopen nesta situación
conservarán a nota da/s parte/s superada/s (≥4,0) en primeira
oportunidade e das Prácticas e Estudo de casos, para telas en conta na
nota final. Na segunda oportunidade, será tamén imprescindible alcanzar o
4,0 en todas as partes obxecto de recuperación.
As datas da proba final integradora pódense consultar na seguinte ligazón:http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes. |