Notas mínimas e avaliación en segunda oportunidade
Para superar a materia os estudantes deberán realizar todas as actividades propostas e alcanzar unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 (5/10) en cada actividade avaliable (contidos teóricos, seminarios, prácticas de laboratorio). Non obstante, poderase compensar as distintas actividades si se alcanza unha nota mínima de 4/10 puntos en cada unha delas. No caso de non alcanzar a nota mínima no apartado de contidos teóricos (4/10), esa será a nota que figurará na cualificación final da materia (non se terían en conta as notas de prácticas e seminarios).
A xustificación de non asistencia ás sesións de prácticas e seminarios
non eximirá da sua realización noutro grupo, sempre que o calendario o
permita.
Segunda oportunidade
As actividades superadas na primeira oportunidade do curso conservaranse para a segunda oportunidade. No caso das prácticas e seminarios, a súa recuperación en segunda oportunidade conlevará a realización dunha proba de avaliación alternativa.
Os/as alumnos/as que repitan a materia nun seguinte curso conservarán as cualificacións obtidas nas actividades superadas no curso previo, debendo repetir as non superadas. Opcionalmente poden refacer ditas actividades aínda que as superasen, neste caso participando nun novo proceso de avaliación.
Avaliación global
Os estudantes poderán solicitar unha avaliación global, o que conlevará a renuncia á avaliación continua. A avaliación global permitirá obter o 100% da puntuación da materia mediante unha proba na o data oficial fixada para o exame final da materia, tanto na primeira oportunidade coma na segunda.
A proba poderá incluirá: - Preguntas de desenvolvemento obxectivo; - Preguntas de desenvolvemento; - Casos prácticos etc.
A avaliación global non exime da realización dás prácticas e seminarios da materia. No caso de non realización das devanditas actividades, a nota final na materia será de 0 puntos.
Calendarios académicos e de exames
O calendario académico pódese consultar en: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios
O calendario de exames pódese consultar en: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes
Aspectos éticos
Perseguirase o plaxio nos traballos e o uso non xustificado de programas de intelixencia artificial. Copiar doutros estudantes durante as probas de avaliación tamén pode ser motivo de redución da nota e de obter un suspenso na materia.
|