Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía e parasitoloxía sanitarias
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Durante todo o proceso de aprendizaxe e especialmente en horas de titoría, atenderanse todas as dúbidas expostas en relación cos contidos teóricos da materia.
Estudo de casos O profesorado orientará ao alumnado sobre as principais tarefas a realizar nesta actividade, e comprobará que o traballo en grupo vai na dirección adecuada e estase realizando sen problemas. Cando estes non sexa así, procederase a reconducir a situación.
Prácticas de laboratorio Durante todo o proceso de aprendizaxe e tamén en horario de titorías, atenderanse todas as dúbidas expostas en relación cos contidos prácticos da materia. O profesorado supervisará o traballo de laboratorio dos alumnos de cada grupo, corrixindo os erros detectados no desempeño das técnicas e atendendo todas as cuestións que poidan xurdir ao longo das sesións prácticas e da elaboración dos correspondentes informes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000