1) Avaliación continua Para superar a materia o
alumnado deberá realizar todas as actividades avaliables previstas. Prácticas e seminarios: A
asistencia ás prácticas e seminarios programados é obrigatoria e necesaria para
superar a materia. Para superar estas actividades deberase acadar unha
puntuación mínima de 5/10 puntos en cada unha delas. A xustificación da non asistencia
ás prácticas e seminarios non eximirá da súa realización noutro grupo, sempre
que o calendario o permita. Exame de teoría. Para
superar esta parte será necesario obter un 5 en cada unha das dúas probas
programadas. Non obstante, poderase superar a materia se se acada unha nota
mínima de 4 en cada unha das probas teóricas, compensando cas notas de prácticas
e do seminario ata acadar 5 puntos. No caso de non acadar a nota mínima (4) nas
probas teóricas, a nota final da materia corresponderá a esa cualificación (non
se terá en conta a nota de prácticas e seminarios). Segunda oportunidade e
seguintes cursos. As actividades superadas na
primeira oportunidade gardaranse para a segunda oportunidade. Non se poderán
recuperar as prácticas nin os seminarios, polo que as cualificacións destas
partes serán as obtidas durante o período da súa realización no curso. Alumnas/os
repetidores, só se avaliarán as actividades (prácticas, seminarios) non
superadas nos cursos anteriores, conservando as notas obtidas nas devanditas
actividades. 2) Avaliación global O alumnado poderá solicitar
a avaliación global que se realizará nas datas oficiais de primeira e segunda
oportunidade. Esta avaliación permitirá acadar o 100% da nota da materia e
divídese en tres partes: - Nota de prácticas
realizadas no período establecido no calendario. 10 % - Nota dos seminarios
realizados no período establecido no calendario. 30 % - Nota do exame global de
teoría, que se realizará nas datas fixadas no calendario académico para os
exames oficiais da materia. 60 % O calendario académico pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios O calendario de exames pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exam |