2) Avaliación global
Realizarase mediante un exame escrito dos bloques mencionados no apartado de avaliación continua: teorías (máxima puntuación=4.0+2.5), prácticas (máxima puntuación=2.0) e problemas (máxima puntuación =1.5). A materia considerarase aprobada si a suma das puntuacións das diferentes partes do exame é igual ou maior de 5 puntos. Na Primeira Oportunidade, só poderán levala a cabo aqueles alumnos que elixisen no seu momento este tipo de avaliación.
Na Segunda Oportunidade, poderana realizar todos os alumnos que non superasen a materia na Primeira Oportunidade (xa sexa na modalidade de avaliación continua ou global). Os alumnos que teñan pendente só parte dos bloques anteriores, e queiran facer a avaliación global nesta oportunidade, terán que comunicalo por escrito ao coordinador da materia unha semana antes da data da avaliación.