As probas escritas dos aspectos teóricos da materia faranse coincidentes coas datas das convocatorias oficiais (xuño e xullo) publicadas na páxina web da facultade: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames As probas escritas dos aspectos prácticos da materia faranse ao final de cada unha das clases prácticas. As calificacións obtidas nas probas deavaliación continua (seminarios, prácticas e actividades da Plataforma TEMA) manteranse na segunda convocatoria e convocatoria extraordinaria do curso actual e, polo tanto, non se poden recuperar; doutra banda, o exame escrito (parte teórica) pode recuperarse nas convocatorias dispoñibles. A nota final obterase como a suma das partes (despois de calcular asporcentaxes asignadas), sempre que se aprobe (mínimo 5.0) cada unha das partes incluídas na avaliación (teoría, prácticas, seminarios e actividades). No caso de supender somentes algunha das parte da materia, a cualificación na convocatoria será a correspondente a puntuación da parte suspensa. Ademais, o profesor pode propoñer actividades adicionais para aumentar a nota media que se anunciarán ao longo do cuadrimestre e, polo tanto, é a obriga do alumno de estar informado ao longo do período. Un estudanteconsidérase "non presentado" (NP) se non atende a ningún dos exames escritosque se realizarán nas dúas chamadas oficiais (primeirae segunda chamada) e non realiza as probas deevaluación continua (seminarios, prácticas e actividades da Plataforma TEMA). Os alumnos repetidores deberán volver a executar todas aquelas partes avaliables que se suspendan e consultar cos profesores da materia qué partes e en qué condicións se conservan as partes aprobadas nas convocatorias anteriores. Os alumnos terán a posibilidades si así o solicitan de examinarse do 100% da materia sempre que haxan asistido as practicas, para elo a facultade habilitara previa solicitude un calendario específico. A copia ou o plaxio nas distintas actividades que compoñen a avaliación por parte do alumno pode implicar a non cualificación da actividade e/ou da materia na súa totalidade. |