Avaliación: O calendario das probas atópase na ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames Convocatoria de xuño Opción A (Avaliación continua): - Dous controles (35% da cualificación final). Os exames incluirán preguntas de teoría e problemas.
- Exame final (40% da cualificación final). O exame incluirá preguntas de teoría e problemas. Para superar a asignatura será necesario obter neste exame un mínimo de 4 puntos (sobre 10). Se non se obtene esta nota mínima, a nota final será a obtida coas calificacions globais se e inferior a 5, ou 4,5 si e superior a 5.
- Coñecemento e aproveitamento nas prácticas de laboratorio (15% da nota final). Un test ao finalizar cada práctica. A asistencia a prácticas é obrigatoria. Aos estudantes repetidores consérvaselles a nota do ano anterior, de modo que únicamente para eles a asistencia é voluntaria.
- Actividades en liña (10% da nota final). Será necesario entregar os problemas resoltos nas data indicadas e realizar as actividades e exercicios que se soliciten en Moovi para todas as unidades.
Para aprobar a materia sera necesario obter 5 puntos sobre 10 da nota global. Todas as notas, agás o exame final, gardaranse para a segunda oportunidade en xullo. Para os cursos posteriores, só se gardará a cualificación das prácticas. Non presentados: los estudiantes que no acudan o examen final consideraranse como non presentados Opción B (para o alumnado que renuncie a avaliación continua no prazo establecido polo Decanato da Facultade de Bioloxía, e para o alumnado que acuda a convocatorias extraordinarias):
- Un único exame final (85% da nota final). Neste exame, será necesario obter un mínimo de 5 puntos para superar a asignatura.
- Coñecemento e aproveitamento nas prácticas de laboratorio (15% da nota final) Un test ao finalizar cada práctica. A asistencia a prácticas é obrigatoria. As notas de prácticas gardaranse para a 2º oportunidade de xullo. Aos estudantes repetidores consérvaselles a nota do ano anterior de modo que únicamente para eles a asistencia é voluntaria.
Non presentados: Os estudantes que no acudan o examen final consideraranse como non presentados
Honestidade académica: Nesta materia non se tolerarán comportamentos deshonestos. Os comportamentos deshonestos inclúen entre outros: plaxio, copiar durante os exames, falsificación de documentos relacionados coas ausencias ás actividades e o uso de dispositivos electrónicos non autorizados durante un exame As sancións por condutas deshonestas poden carrexar o non superar o curso
HORARIOS DOCENTES: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios |