Educational guide 2024_25
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballo en grupo (relacionado coa teoría).- o alumnado levará a cabo en grupos de 3, 4 ou 5 participantes en función dos alumnos matriculados un traballo relacionado coa parte teórica (15 %) segundo normas que figurarán na plataforma Moovi.
Traballo individual (relacionado coas prácticas).- o alumnado levará a cabo de forma individual a preparación dunha colección de 10 fichas sobre 10 especies elixidas da listaxe de especies do visu· seguindo as normas que figurarán na plataforma da materia (10 % da nota).
Con este traballo serán avaliadas parte das competencias transversais que debe adquirir o alumnado.
25 A2
B1
C1
D1
D4
D5
Práctica de laboratorio A avaliación dos coñecementos e competencias alcanzados nesta parte levará a cabo no laboratorio mediante un exame sobre as prácticas e que incluirá ademais un recoñecemento de visu de 5 especies de invertebrados non artrópodos das que figuran na listaxe incluída na plataforma Moovi. 15 A2
A3
A4
B1
B3
B6
C2
D1
D4
Estudo de casos Cuestionarios: parte dos contidos teóricos serán avaliados a través de 3 cuestionarios on- line (consultar datas de realización e entrega no calendario da materia dispoñible na plataforma da materia). 15
Exame de preguntas obxectivas Os contidos teóricos da materia serán explicados na aula a través de sesións maxistrais. Para avaliar os coñecementos e competencias adquiridas polo alumnado sobre estes contidos teóricos realizaranse 2 probas escritas na aula que incluirán preguntas tipo test, de resposta curta, de relacionar, de desenvolvemento, etc. (35 %) e probas aleatorias durante as clases teóricas (5 %) 40 A2
A3
A4
B1
B3
B6
C2
C6
D5
Observación sistemática O alumnado levará a cabo distintas actividades deseñadas para os seminarios onde basicamente trabállase en grupo. Estas actividades están deseñadas para afianzar coñecementos e competencias que o alumnado debe adquirir. Valorarase a participación resolvendo cuestións expostas polo alumno e o profesor. Así mesmo valorarase a participación do alumnado nas clases teóricas. 5 A2
A3
A4
B1
B3
B6
C1
C2
C6
C9
D1
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA



A
avaliación é continua
 ao longo do curso. Para poder
ser avaliado de forma continua, o alumnado deberá realizar todas as actividades
planificadas para cada un dos bloques.



É
obrigatorio incluír no perfil de usuario da plataforma Moovi,
 unha fotografía que debe
permitir identificar á persoa (tipo DNI e actualizada) e a dirección de correo
electrónico @alumnos. uvigo.gal. En ausencia da fotografía o alumno non será
avaliado polo que non recibirá nin as cualificacións nin as correccións das
distintas actividades. Só o alumnado con correo institucional (@ualumnos.uvigo.gal)
recibirá o correo relacionado ca materia. Non se responderá ningún correo que
non sea o institucional.



As situacións
particulares que impidan participar nas actividades de forma regular, por
exemplo ter un contrato de traballo, enfermidade, etc. deberán ser comunicadas
á coordinadora da materia nos 5 días inmediatos á aparición do problema, co fin
de buscar unha solución.



A asistencia
ás prácticas e seminarios é obrigatoria para poder presentarse ás probas
teóricas e/ou prácticas nas dúas convocatorias.



Para poder
superar a materia é necesario superar teoría, prácticas e traballo tutelado por
separado cunha nota igual ou superior á mínima esixida en cada parte. No caso
de non ser así, non se fará suma e a nota que figurará na acta será a máis alta
dos apartados suspensos.



Presentarse a
dous das actividades avaliables independentemente de que o alumno realice ou
non o resto figurará como suspenso na Acta. Só os alumnos que nunca asistisen
ás clases teóricas, seminarios, prácticas ou non realicen ningunha das
actividade savaliables figurarán na acta como non presentados.



Aínda que co
sistema de avaliación continua resulta máis fácil aprobar unha materia, é máis
difícil conseguir unha boa nota. Para non prexudicar ao alumnado, no caso de
que se supere a materia sumaráselle entre un 5 e un 10 % da nota só na primeira
convocatoria.



Confusións
repetidas de conceptos básicos ou mala utilización da nomenclatura científica
nas distintas probas, pode implicar un 0 no conxunto da proba.



Se en calquera
das actividades detéctase copia, o alumno suspenderá automaticamente esa parte
da materia.



Avaliación
dos bloques



Bloque
teórico



A avaliación dos contidos
teóricos (55 %) será continuada ao longo do curso e consistirá en varias
probas, 2 escritas sobre contidos impartidos nas clases de teoría (35 %),
controles aleatorios nas clases de teoría (5 %) e 3 cuestionarios en liña que
valerán un 15 %. Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo un 5
sobre 10 en cada unha das 2 probas escritas e un 4,5 nas probas aleatorias e en
cada un dos 3 cuestionarios.



Bloque
de prácticas



A parte
práctica equivale ao 15 % da nota final. As prácticas de laboratorio son
obrigatorias e avaliaranse a través dun exame práctico, que se realizará no
laboratorio en horario de mañana o día seguinte da 2ª proba de teoría (ver data
en http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes).



Para poder
superar esta parte debe obterse como mínimo un 5 sobre 10.



Seminarios
e clases teóricas



A asistencia e
participación nas clases teóricas e seminarios implica un 5 % da nota.



A asistencia a
seminarios e obrigatoria.



A asistencia
ás clases teóricas controlarase algúns días ao azar e terase en conta a
participación dos alumnos en clase.



Traballo
tutelado



A presentación
dun traballo relacionado coa zooloxía valorarase cun 15 % da nota. Para poder
superar esta parte debe obterse como mínimo un 4.5 sobre 10.



A presentación
dunha colección de fichas valorarase cun 10 % da nota. Para poder superar esta
parte debe obterse como mínimo un 4.5 sobre 10.



2ª OPORTUNIDADE



As actividades
avaliables superadas na primeira oportunidade gardaranse para a segunda
oportunidade. Si non se supera a materia o matricularse de novo no seguinte
curso, implicará repetir todas as actividades avaliables.



AVALIACIÓN GLOBAL



Os estudantes
que renuncien a avaliación continua, poderán solicitar avaliación global no
período establecido polo centro. Dicha avaliación levarase a cabo nas datas
oficiais de primeira e segunda oportunidade. Esta avaliación permitirá alcanzar
o 100 % da puntuación da materia nun exame desglosado en duas partes:



Contidos
teóricos (65 %)



Contidos
prácticos (35 %)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000