• A asistencia ás clases teóricas, prácticas e seminarios é obrigatoria salvo falta debidamente xustificada. • Para aprobar a materia hai que superar o 40 % tanto da parte teórica (suma das dúas probas) como da práctica (suma das dúas probas). Pola contra, a nota final será o resultado de multiplicar a nota total (teoría + prácticas + seminarios) por 0.5. • No caso de que a valoración final da materia non alcance o aprobado (5 puntos), pero supere algunha das partes co 40 % (teoría, prácticas ou seminarios), manteranse esas puntuacións para a segunda oportunidade de exame (xullo), sempre que o alumno o solicite. • Os alumnos repetidores doutros anos deberán realizar todas as actividades de aula e laboratorio (seminarios e prácticas), das que serán avaliados. • Teoría. O primeiro bloque temático (Bioloxía Celular) avaliarase sobre catro (4 puntos) nun primeiro exame de preguntas obxectivas que se establecerá no calendario oficial. O segundo bloque temático (Bioloxía do Desenvolvemento) avaliarase sobre tres (3 puntos) nun segundo exame de preguntas obxectivas a realizar na data do exame final fixada pola Facultade. O peso máximo da parte teórica sobre a nota final será de 7 puntos (4+3). • Prácticas. As prácticas avaliaranse en dúas probas sobre 1 punto cada unha. A primeira proba avaliarase sobre 1 punto mediante un exame de preguntas obxectivas que incluirá a identificación de estruturas microscópicas sobre imaxes e realizarase na data fixada pola Facultade. A segunda proba tamén se avaliará sobre 1 punto mediante un exame do mesmo tipo que para a primeira proba e realizarase na data fixada pola Facultade. • Seminarios. Avaliaranse en tres probas sobre 0,33 puntos cada unha, a celebrar durante a realización do propio seminario. Polo tanto, con esta avaliación poderase conseguir un máximo de 1 punto da nota total. • Os alumnos que non sigan a avaliación continua serán avaliados nunha única proba sobre 10 puntos que incluirá preguntas obxectivas sobre os contidos da materia, a realizar na data do exame final fixada pola Facultade. • Exame para subir nota. Os alumnos que superen a materia no primeiro cuadrimestre (primeira oportunidade), e desexen mellorar a súa cualificación, poderán presentarse a un exame para subir nota que se realizará en data e hora a determinar de acordo co profesor. • Non presentado. Considerarase cando non realice ningunha actividade que conleve avaliación. • Data do exame final. As datas dos exames poden consultarse na páxina web da Facultade: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames • Horarios da materia. Os horarios da asignatura poden consultarse na seguinte dirección: http://bioloxia.uvigo.es/gal/docencia/horarios |