Tema |
Subtema |
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Tema 1. Introdución á Bioquímica |
Concepto de Bioquímica. Disociación da auga: concepto de pH. Ecuación de Henderson-Hasselbalch: concepto de pKa. Disolucións amortiguadoras: importancia biolóxica. |
Tema 2. Aminoácidos e péptidos |
Aminoácidos: estrutura e clasificación. A ligazón peptídica. Péptidos naturais de interese biolóxico. |
Tema 3. Proteínas |
Conceptos xerais. Principais funcións das proteínas. Niveis de organización estrutural das proteínas. |
Tema 4. Encimas e catálisis encimática
|
Encimas: concepto e natureza química. Concepto de centro activo. Nomenclatura e clasificación de encimas. Catálisis encimática: conceptos e mecanismos.
|
Tema 5. Cinética encimática
|
Cinética das reaccións encimáticas. Cinética das encimas alostéricas. Outros mecanismos de modulación da actividade encimática. |
Tema 6. Estrutura e propiedades dos monosacáridos. |
Monosacáridos: aldosas e cetosas. Estrutura lineal. Estrutura cíclica e conformacións espaciais. Monosacáridos de interese biolóxico.
|
Tema 7. Oligosacáridos e Polisacáridos
|
Características xerais, propiedades e estrutura dos principais oligosacáridos, polisacáridos e heterósidos. |
Tema 8. Lípidos simples, complexos e isoprenoides
|
Características xerais e importancia biolóxica dos lípidos. Clasificación xeral. Ácidos grasos e alcois. Lípidos simples. Lípidos complexos. Lípidos isoprenoides.
|
Tema 9. Nucleótidos: estrutura e función |
Bases púricas e pirimidínicas. Estrutura e función de nucleósidos e nucleótidos. |
Tema 10. Introdución ao metabolismo
|
Concepto de metabolismo. Características xerais das rutas metabólicas. Rutas anabólicas, catabólicas e anfibólicas. Aspectos xerais da regulación metabólica. |
Tema 11. Metabolismo degradativo de glúcidos.
|
Glicólise: descrición das reaccións encimáticas. Incorporación doutros monosacáridos á vía glicolítica. Vía das pentosas fosfato: conceptos xerais e significación biolóxica.
|
Tema 12. Destinos metabólicos do piruvato
|
Destino anaerobio: fermentación alcohólica e láctica. Destino aerobio: formación de acetil-CoA por descarboxilación oxidativa. Estudo do complexo encimático piruvato deshidrogenasa. |
Tema 13. Ciclo dos ácidos tricarboxílicos |
Posición do acetil-CoA no metabolismo intermediario. Visión xeral do ciclo e secuencia de reaccións.
|
Tema 14. Cadea de transporte electrónico e fosforilación oxidativa
|
Sistemas de lanzadeira. Cadea de transporte electrónico: compoñentes, localización e secuencia do transporte electrónico. Fosforilación oxidativa e axuste ao transporte de electróns. Complexo encimático ATP sintasa. |
Tema 15. Gluconeoxénese
|
Gluconeoxénese: visión xeral e substratos principais. Descrición da ruta. Reaccións específicas da gluconeoxénese.
|
Tema 16. Metabolismo do glucóxeno
|
Degradación do glucóxeno da dieta. Degradación lisosómica do glucóxeno. Glucoxenólisis: reaccións encimáticas. Glucoxenoxénese: reaccións encimáticas. |
Tema 17. Degradación de lípidos e acedos grasos
|
Dixestión, absorción e transporte dos lípidos da dieta e lípidos endóxenos. Activación e transporte intracelular dos acedos grasos. A beta-oxidación dos acedos grasos saturados de número par de átomos de carbono. |
Tema 18. Biosíntese de ácidos grasos e de lípidos
|
Biosíntese de acedos grasos saturados. Reacción da acetil-CoA carboxilasa. Complexo encimático acedo graso sintasa. Biosíntese dos compoñentes alcohólicos dos lípidos e de triacilgliceroles. |
Tema 19. Proteólise, degradación de aminoácidos e destino do ión amonio.
|
Dixestión das proteínas da dieta. Proteólise intracelular. Visión xeral do catabolismo dos aminoácidos. Transaminación e desaminación. Reaccións de descarboxilación. Destino do esqueleto carbonado dos aminoácidos. Formas de excreción do nitróxeno amónico. Ciclo da urea: reaccións encimáticas. |
Tema 20. Biosíntese de aminoácidos
|
Ciclo do nitróxeno na natureza. Incorporación do ión amonio nos aminoácidos: vías do glutamato e da glutamina. Estudo das distintas familias biosintéticas.
|
Tema 21. Metabolismo de nucleótidos.
|
Aspectos xerais do catabolismo de ácidos nucleicos e de nucleótidos. Degradación dos nucleótidos de purina e de pirimidina. Biosíntese de ribonucleótidos e de desoxinucleótidos. |
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
PRÁCTICA 1
|
Elaboración dunha recta patrón de seroalbúmina polo método de Lowry. |
PRÁCTICA 2 |
Determinación da concentración de proteínas en sobrenadante de fígado de rata |
PRÁCTICA 3 |
Estudio da actividade enzimática da beta-d-galactosidasa na fracción postmitocondrial obtida a partir do fígado de rata.
Aplicación do coeficiente de extinción molar do p-nitrofenol para o cálculo da actividade enzimática (U/min ml) da encima anterior.
Cálculo da actividade específica (U/mg proteína) da encima anterior. |
PRÁCTICA 4 |
Determinación do pH óptimo da actividade beta-d-galactosidasa. |
PRÁCTICA 5 |
Efecto da concentración de substrato sobre a actividade beta-d-galactosidasa. Cálculo de parámetros cinéticos (Km y Vmax). |