Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioquímica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A asistencia é obrigatoria. O profesor valorará os resultados experimentais, as respostas e conclusións do alumno sobre a experimentación realizada mediante a presentación dun informe de prácticas, o cal representará un 20% da nota final da materia de Bioquímica I.
É imprescindible obter unha nota mínima de 5 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta actividade non é recuperable no caso de non alcanzar o minimo esixido.
20 A1
A2
A3
B2
B3
B6
C3
C4
C6
D3
D4
Seminario Para o curso académico están programados dous seminarios de 1,5 horas cada un. Serán avaliados os coñecementos dos temas tratados mediante a resolución de exercicios, que se entregarán na data que estableza o profesor. A asistencia e a entrega dos exercicios é obrigatoria.
É necesario obter una nota mínima de 5 sobre 10 para poder ponderar co resto dos apartados a nota final. Esta actividade non é recuperable no caso de non alcanzar o minimo esixido.
20 A1
A2
A3
B2
B6
C6
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha primerira proba escrita correspondente a Bioquímica Estructural (temas 1-7) na data aprobada na Xunta de Facultade (consultar páxina web do centro). Está proba constará de preguntas tipo test e un exercicio.
É esencial obter unha nota minima din 5,0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta nota representará un 25% da nota final.
25 A1
A2
A3
B2
B6
C3
C4
C6
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase unha segunda proba escrita correspondente a Bioquímica Metabólica (temas 8-15) na data aprobada na Xunta de Facultade (consultar páxina web do centro). Está proba constará de preguntas tipo test e unha pregunta de integración do metabolismo (que inclue cálculo de rendemento enerxético).
É esencial obter unha nota minima din 5,0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta nota representará un 35% da nota final.
35 A1
A2
A3
B2
B3
B6
C3
C4
C6
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia de Bioquímica I é continua ao longo do curso cadémico. Para ser avaliado deste xeito, o alumno deberá realiar todas as actividades propostas (prácticas laboratorio, seminarios e duas probas escritas).

As situacións particulares que impidan a participación nas actividades (prácticas laboratorio e seminarios ) de forma habitual (exemplo: contrato de traballo, enfermidade,......etc) deberán ser comunicadas á maior brevidade posible ao profesor para buscar unha solución.

A asistencia é obligatoria no caso de seminarios e prácticas de laboratorio, permitindo unha única falta de asistencia, a cal deberá estar debidamente xustificada. 

Para superar a materia de Bioquímica (nota final como a suma das notas ponderadas) é imprescindible ter obtido unha nota igual ou superior á nota mínima esixida en cada unha das actividades avaliables por separado (5,0 sobre 10). No caso de non ser así, non se fará a suma das notas, e a nota que figurará na acta de Bioquímica I será a maís alta dos apartados suspensos. 

As actividades con unha nota igual ou superior a mínima esixida (5,0 sobre 10) na primeira oportunidade (enero) dun curso académico se conservan para a segunda oportunidade (xullo). Na segunda oportunidade (xullo) non se poden recuperar prácticas de laboratorio e seminarios, sólo se poden realizar os exames parciais non superados na primeira oportunidade. A nota final de Bioquímica I (xullo) será a suma das notas ponderadas de cada apartado sempre e cando obtiveran o minimo esixido (5,0 sobre 10).

No caso de que o alumno non asista a ningunha das actividades avaliables, apararecerá como NON PRESENTADO na acta de Bioquímica I nas dúas oportunidades (enero e xullo). A realización dalgunha das actividades avaliables propostas pero non todas implica automáticamente un suspenso na acta de Bioquímica (ambas aportunidades).

Estes criterios aplicaránse de forma idéntica nas dúas oportunidades.

Así mesmo, o alumnado que prefira unha avaliación global da materia de Bioquímica I deberá comunicala durante o período disposto polo centro. O exame global incluirá preguntas das prácticas de laboratorio, exercicios dos seminarios e toda a parte teórica.

O alumnado que non supere a materia de Bioquímica I en ningunha das dúas oportunidades, se lles gardará a cualificación das actividades (prácticas e seminario) durante os dous cursos académicos seguintes, sempre que teña acadado a nota mínima esixida. Só se repetirán as actividades non superadas. As actividades que xa foron superadas non poderán ser reavaliadas.

O calendario académico pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

O calendario de exames pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000