Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioquímica I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria. A realización das practicas será en grupos de 2 alumnos, os cales seguirán un guion de prácticas elaborado polo profesor onde se explican detalladamente os protocolos experimentais. A finalización das prácticas os alumnos deberán presentar un informe final dos resultados obtidos así como responder a unha serie de cuestións.
Lección maxistral O profesor explicará contidos da materia mediante clases maxistrais, con proxección de diapositivas. Os alumnos disporán de copias de apoio con figuras, esquemas e táboas. As clases desenvolveranse de maneira interactiva cos alumnos. Utilizarase a Plataforma Moovi como ferramenta de apoio.
Seminario A asistencia as clases de seminarios é obrigatoria. Nos seminarios os alumnos tratarán temas baixo a supervisión do profesor e resolverán cuestionarios sobre a materia explicada nas clases teóricas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000